Wednesday 15 de May de 2024

‘Los40 Summer Live’ regresa ás Festas de María Pita coa presenza de Marlon, Polo Nández ou Leo Rizzi


O espectáculo reuniu o pasado ano a 19.000 persoas nas Noites de María Pita

A oitava edición da xira de verán de Los40 estará na praza de María Pita mañá, domingo 13 de agosto, a partir das 22.00 horas, dentro da programación municipal polas Festas de María Pita 2023. Los40 Summer Live é unha celebración itinerante de verán organizada pola cadea radiofónica.

Con 21 concertos únicos, máis de 30 artistas e percorrendo o país de punta a punta, Los40 Summer Live é unha das xira máis grandes e extensas tanto en número de artistas como en datas, con concertos gratuítos en máis de vinte cidades.

Máis de 19.000 persoas acompañaron aos artistas de Los40 en María Pita na súa últimavisita. Nesta edición, o DJ de referencia, David Álvarez, animará un evento cargado deemocións no que participarán 11 artistas: Marlon, Polo Nández e Leo Rizzi vólvense sumar á cita, cantando algúns dos seus maiores éxitos. Tamén se subirán ao escenario Álvaro de Luna, Zzoilo, Nickzzy, Paula Cendejas, Paula Koops, Hilario, Miki Núñez e Charlie USG.

Ademais, o coidado do medio ambiente será, por segundo ano consecutivo, un dos grandes protagonistas da xira. En liña coa aposta de El Eco de Los40, onde música e ecoloxía únense polo planeta, a xira continuará coa proposta ‘From Trash to Live’. Con ela, convídase aos amantes da música a que dean ao plástico unha segunda vida incorporando unha serie de contidos e mensaxes que se irán trasladando durante toda a xira desde o escenario por parte dos DJ’s e os artistas e cun despregamento de puntos de reciclaxe situada en cada recinto.
Noites de María Pita
● 15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz

● 16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi
● 20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín “Mangüi” con Os Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía…